A Universidade sem Fronteiras da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal comeza a súa andanza co traballo de catro Comisións Académicas transfronteirizas que deseñarán catro títulos

A Universidade sem Fronteiras da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal comeza a súa andanza co traballo de catro Comisións Académicas transfronteirizas que deseñarán catro títulos

O 13 de decembro de 2019, reuníronse en Vigo (na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do CUVI) os principais representantes da Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal -composta polas universidades da Coruña, Minho, Santiago de Compostela, Porto, Vigo e Trás-os-Montes e Alto Douro- e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER). Están a traballar de maneira conxunta na posta en marcha de catro titulacións internacionais -dous mestrados e dous programas de doutoramento- que, co obxectivo de arrancar a súa andaina no curso 2021-2022. O proxecto europeo Universidade Sem Fronteiras, UNISF, liderado pola Universidade de Minho e financiado cun orzamento de 1,49 millóns de euros da última convocatoria do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Trátase de desenvolver toda unha serie de ferramentas que contribúan a minimizar os obstáculos xeográficos, administrativos, xurídicos e académicos entre as universidades participantes para poder así poñer en funcionamento estas catro titulacións. Se ben aínda non teñen unha denominación definitiva, as áreas de coñecemento dos catro títulos xa están concretados, e selecciónanse polo alto interese que supoñen para o futuro e desenvolvimento da Eurorrexión: un Mestrado en smart cities, outro en no ámbito xurídico cunha compoñente transnacional , un programa de doutoramento en Matemáticas Aplicadas e outro en cuestións interxeracionais e de Envellecimento.

Todos estes programas son multidisciplinares, o que se traduce en que os docentes que compoñen as diferentes comisións académicas pertencen a áreas moi diversas que dotarán da perspectiva máis completa sobre a materia aos futuros estudantes destes títulos.